A Praza da Igrexa de Avión será o escenario este sábado, 7 de agosto, dunha xornada festiva que rendirá homenaxe á vinculación do municipio con México. O evento comezará ás 17:00 horas e ofrecerá aos asistentes a oportunidade de degustar a gastronomía típica mexicana nos postos habilitados.
Ademais das propostas culinarias, a festa contará con actividades infantís tradicionais, como o xogo de piñatas e hinchables. O ambiente musical estará garantido coas actuacións de mariachis en directo, que porán a nota de folklore mexicano no corazón de Avión.




