O Concello de Castrelo de Miño conta cunha subvención para a contratación laboral temporal dunha persoa desempregada, acollida á Orde do 22 de maio de 2026. Esta orde regula as axudas para a contratación de mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Grazas a esta subvención, realizouse a contratación dun posto de Peóns de obras públicas, cunha duración de nove meses a xornada completa. O posto pertence ao grupo de cotización 8 (CNO 9601).
O importe da axuda concedida ao Concello ascende a 16.902,64 euros. Esta iniciativa está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro do obxectivo de mellorar o acceso ao emprego e as medidas de activación para persoas mozas desempregadas.




