A actuación, enmarcada no Plan +Provincia 2026-2027, inclúe a limpeza de cunetas e gabias, o bacheo previo con aglomerado en quente, a mellora da rede de recollida de augas pluviais, a instalación de reixas e cunetas de drenaxe.
Tamén se estenderá unha nova capa de rodadura de aglomerado asfáltico en quente, recalzando e poñendo en cota as tapas de rexistro. Renovarase a sinalización do tramo afectado, que supera os 500 metros de lonxitude, e procederáuse ao fresado do aglomerado actual nos encontros cos camiños colindantes.
“"Avanzamos no reparto dos 85 millóns de € cos que conta este plan, que é unha peza vital para que a nosa provincia siga mellorando e se poidan prestar servizos públicos de calidade."
O presidente da Deputación, Luis López, sinalou que os concellos teñen "total autonomía para facer realidade as súas prioridades" dentro deste plan.




