Fontes da investigación confirmaron que o corpo localizado na tarde do sábado por varios sendeiristas pertence a un home de 43 anos residente en Cangas de Morrazo. O achado tivo lugar nunha zona de difícil acceso no contorno de Monteferro, en Nigrán.
Ao lugar desprazáronse efectivos do 112 Galicia, a Policía Local de Nigrán e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Val Miñor para proceder á recuperación do corpo. O estado de descomposición e momificación no que se atopaba o cadáver dificultou inicialmente a súa identificación.
As mesmas fontes sinalaron que a investigación non atopou indicios de criminalidade nin elementos que suxiran a participación de terceiras persoas na morte do home.
A investigación non apreciou indicios de criminalidade e, polo momento, non existen elementos que apunten á participación de terceiras persoas na morte.
O falecido, coñecido en Cangas polo alcume de 'Panu', foi incinerado este martes pola tarde no tanatorio da localidade nun acto celebrado na intimidade familiar.




