O TSXG confirma condena a un home por vender droga en Cangas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima os recursos presentados polo acusado.

Primer plano dunha pequena bolsa de plástico transparente con po branco sobre asfalto mollado con luces de emerxencia azuis e vermellas.
IA

Primer plano dunha pequena bolsa de plástico transparente con po branco sobre asfalto mollado con luces de emerxencia azuis e vermellas.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena dun ano e sete meses de prisión para un home sorprendido vendendo droga nunha rúa de Cangas en decembro de 2022.

A sección segunda da Audiencia de Pontevedra xa condenara previamente ao home por un delito de tráfico de drogas, impoñendo ademais da pena de cárcere unha multa de 200 euros.
O acusado presentara varios recursos ante o alto tribunal galego. Alegaba unha posible ruptura na cadea de custodia da droga aprehendida e, de forma subsidiaria, solicitaba a aplicación dunha circunstancia atenuante por drogadicción.
O TSXG, na súa resolución, sinala que, aínda que se detectou unha "diverxencia" no número de envoltorios de droga incautados, esta circunstancia non chegou a supoñer unha quebra na cadea de custodia. Ademais, recorda que un axente da Garda Civil non só presenciou o momento do pase da droga, senón que tamén o gravou.
En canto á atenuante por drogadicción, o tribunal aclara que, malia que o home acreditou un consumo habitual de estupefacientes, non se puido demostrar que este consumo afectase as súas facultades intelectivas ou volitivas no momento dos feitos que motivaron a condena.