O equipo valdeorrés chega a esta importante cita tras unha notable remontada na eliminatoria anterior, na que lograron unha contundente vitoria contra o Unión. O mediocampista Rubén García recoñeceu que o equipo rival, o Marín, parte como favorito debido á calidade dos seus xogadores, pero subliñou que o Córgomo "fixo méritos para chegar ata aquí e imos pelexar".
García tamén destacou a superioridade do seu equipo no partido de volta na casa, onde xogando con dez homes foron capaces de marcar tres goles. "Demos un golpe sobre a mesa demostrando que podemos competir con calquera", afirmou.
“"Intentaremos facer o noso encontro en casa e desa maneira poder levar a eliminatoria ao seu feudo onde se vai a definir."
O Córgomo afronta este encontro con varias baixas importantes: Yosu, Brais, Víctor e Lucas Pérez por lesión, ademais dos sancionados Derrick, Manu Fernández e o porteiro Pablo.
Pola súa banda, Churre, capitán do Marín, mostrouse optimista: "Chegados a este punto imos pelexalo e intentar conseguir o ascenso. Imos a un sitio moi complicado e diferente ao resto, pero sabemos adaptarnos a estas circunstancias e imos afrontalo co máximo optimismo posible". Prevé "un partido de xogo directo e moitos duelos onde haberá que ser acertados nas áreas".
O partido disputarase hoxe ás 18:00 horas no campo de O Bañadoiro.




