Accidente en Cabanas: condutora ferida tras saír da vía na N-651

A muller, de pouca idade, foi trasladada ao hospital Arquitecto Marcide tras sufrir feridas leves ao saír da estrada.

Imaxe xenérica de luces de emerxencia reflectidas nun gardarraíl mollado.
IA

Imaxe xenérica de luces de emerxencia reflectidas nun gardarraíl mollado.

Unha muller nova resultou ferida este sábado pola tarde tras saír da vía o vehículo que conducía no termo municipal de Cabanas, na estrada N-651.

O suceso ocorreu sobre as 14:30 horas deste sábado, cando a Central de Emerxencias do 112 Galicia recibiu o aviso. A condutora implicada circulaba polo quilómetro 26,500 da N-651 en dirección a Betanzos.
Por causas que aínda se investigan, o turismo que guiaba perdeu o control e despistouse pola marxe dereita da calzada, impactando contra un gardarraíl e unha sinal de tráfico.
Debido ao impacto, a moza sufriu varias lesións, que en principio foron cualificadas como leves. Os servizos sanitarios do 061 desprazados ao lugar consideraron necesario o seu traslado ao hospital Arquitecto Marcide, que forma parte do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF).
A alerta tamén mobilizou á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento de estradas para asegurar a zona e restablecer a normalidade na circulación.