O primeiro pleno terá lugar o 3 de novembro ás 12:00h e centrarase no sorteo para a formación das mesas electorais con motivo da convocatoria de eleccións ao Congreso dos Deputados e o Senado o día 29 de novembro de 2026.
O segundo pleno extraordinario celebrarase o 4 de novembro ás 10:30h e terá na orde do día a aprobación inicial de dúas modificacións de crédito (36/2026 e 37/2026), na modalidade de suplemento de crédito, así como a aprobación inicial do Regulamento da carreira profesional horizontal do concello.
Ambos os actos son abertos ao público e poderán seguirse en streaming a través das redes sociais do Concello.




