O incidente tivo lugar pouco despois das 20:30 horas cando o home se atopaba desmontando unha estrutura utilizada para a pesca da lamprea. A caída provocoulle lesións que lle impediron regresar por si mesmo a un camiño accesible.
Tras recibir o aviso, o 112 Galicia activou un dispositivo que incluíu aos Bombeiros de O Porriño, o GES de Ponteareas, a Garda Civil e o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Os equipos de rescate traballaron conxuntamente no lugar para atender ao ferido e evacualo por terra, superando as dificultades do terreo ata chegar á ambulancia. Unha vez estabilizado polos profesionais sanitarios, o pescador foi trasladado a un centro hospitalario para recibir atención médica.




