O proxecto supuxo a rehabilitación integral dun edificio centenario, converténdoo nunha infraestrutura moderna, eficiente e accesible. O deseño interior permite configurar o espazo en dúas salas independentes ou nunha gran área polivalente, adaptándose ás necesidades das actividades programadas para os menores.
A actuación contou cun orzamento de 250.500 euros. O financiamento foi posible grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia, que achegou 150.000 euros, e a Deputación de Pontevedra, que investiu 100.500 euros, reforzando así os servizos públicos de conciliación no municipio.
Ao acto de apertura asistiron representantes institucionais, entre eles o presidente da Deputación de Pontevedra, o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, a directora territorial da Consellería de Política Social e Igualdade en Vigo, a alcaldesa de Ponteareas e a concelleira de Benestar Social.




