O sinistro tivo lugar sobre as 11:30 horas e mobilizou aos servizos de emerxencia. A central de emerxencias 112 informou do accidente ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Baixo Miño e de Ponteareas, e á Garda Civil de Tráfico.
Tras o impacto, o condutor do coche quedou atrapado no interior do vehículo. Foi necesaria a intervención dos bombeiros co uso de material de excarceración para poder liberalo. A pesar dos esforzos do persoal sanitario que o atendeu no lugar, non se puido facer nada para salvarlle a vida.
O condutor do camión implicado no accidente tamén resultou ferido, aínda que as súas lesións foron de carácter máis leve.




