O lume, orixinado na parroquia de Nogueira o martes ás 17:30 horas, foi declarado estabilizado este mércores pola mañá, pouco despois das 09:30. Inicialmente, estimábase unha superficie afectada de 60 hectáreas, cifra que se elevou en 10 máis na última actualización.
Para a súa extinción mobilizáronse numerosos medios, incluíndo seis técnicos, 25 axentes, 37 brigadas, 29 motobombas, tres pas, catro unidades técnicas de apoio, nove helicópteros e catro avións. Tamén se despregaron medios estatais, como dúas brigadas forestais (BRIF Laza e BRIF Tabuyo) e catro helicópteros adicionais.




