A axuda provén da Orde do 22 de maio de 2026, publicada no DOG núm. 108 de 11/06/2026, destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O posto creado é o de xardineiro, cun grupo de cotización 8 (CNO 6120).
Esta subvención está cofinanciada nun 60% pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. A iniciativa enmárcase no obxectivo político de "Unha Unión Europea máis social e inclusiva" e na prioridade de "Emprego xuvenil", co obxectivo específico de mellorar o acceso ao emprego das persoas mozas desempregadas.




