O club de O Carballiño non poderá facer fronte ás débedas acumuladas con xogadores e corpo técnico, que ascenden a 428.000 euros. Esta situación impedirá a súa entrada no sorteo do calendario da competición.
As débedas totais do club roldan os tres millóns de euros, unha cifra que pon en grave risco a continuidade da entidade deportiva. O descenso a Terceira Federación, dúas categorías por debaixo da súa actual posición, non está nin sequera garantido, xa que o club deberá inscribirse nas próximas semanas.




