O sinistro produciuse despois de que o vehículo, no que viaxaba o único ocupante, se saíra da calzada pola marxe esquerda. Segundo as primeiras informacións, o coche impactou violentamente contra unha árbore situada nun terraplén, o que provocou que quedase retido e evitase unha caída ao río próximo.
O centro de emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso pouco despois das 06:30 horas da mañá. Un particular alertou tras observar desde a súa vivenda como o coche abandonaba a estrada. Nunha segunda chamada, o mesmo testemuña informou de que o condutor se atopaba gravemente ferido no interior do turismo.
Ao lugar desprazáronse rapidamente os Bombeiros de Boiro, quen tiveron que realizar tarefas de excarceración para poder acceder ao mozo. A pesar dos esforzos, unicamente puideron certificar o seu falecemento. Tamén acudiron efectivos do 061, Bombeiros de Ribeira, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Boiro e persoal de mantemento da vía.




