A iniciativa, que se desenvolveu en tres edicións diferentes, busca dotar ao persoal de ferramentas para ofrecer unha resposta coordinada e eficaz ante calquera situación de risco. O plan forma parte do protocolo autonómico deseñado para fomentar contornas de ocio máis seguras para a cidadanía.
Durante o acto de entrega, destacouse a boa acollida desta proposta no municipio coruñés. A colaboración entre a administración autonómica e o Concello de Ribeira permitiu que máis dunha decena de establecementos locais se adherisen xa a este protocolo de actuación.




