O suceso produciuse sobre as 16.00 horas na rúa Estatuto de Galicia. Tras a caída, o traballador, identificado coas iniciais C.S.M., foi trasladado de urxencia en helicóptero medicalizado ao Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), onde finalmente perdeu a vida.
No operativo de emerxencia participaron profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, incluíndo un helicóptero medicalizado e unha ambulancia SVB, ademais de persoal sanitario do PAC de Boiro.
A Garda Civil, os Bombeiros de Boiro, a Policía Local e Protección Civil tamén se desprazaron ata o lugar do accidente para atender a emerxencia e investigar as causas da caída.




