O suceso produciuse preto das 16.00 horas na rúa Estatuto de Galicia. Foi un particular quen alertou á central de emerxencias para solicitar asistencia para o traballador accidentado.
Ao lugar desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron un helicóptero medicalizado, unha ambulancia de soporte vital básico e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Boiro.
O home, que responde ás iniciais C.S.M., foi estabilizado no punto antes de ser trasladado por vía aérea ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
No operativo de emerxencia tamén participaron axentes da Garda Civil, os Bombeiros de Boiro, a Policía Local e efectivos de Protección Civil do municipio.




