Tui celebra mañá o pleno infantil polo Día Mundial da Infancia

O alumnado de sete centros educativos participará nunha sesión centrada nos Dereitos da Infancia.

Imaxe xenérica dun pleno infantil en Tui.
IA

Imaxe xenérica dun pleno infantil en Tui.

O Concello de Tui celebra mañá, mércores 18 de novembro, un pleno infantil no Espazo Sociocultural para conmemorar o Día Mundial da Infancia, centrado nos Dereitos da Infancia coa participación de sete centros educativos.

O Concello de Tui celebra mañá, mércores 18 de novembro, ás 10.30 h, un pleno infantil para conmemorar o Día Mundial da Infancia, que se celebra este venres 20 de novembro. A sesión terá lugar no Espazo Sociocultural da r/Camilo José Cela e centrarase nos “Dereitos da Infancia”.
Participarán os CEIPs de Caldelas, Pazos de Reis, Nº1, Nº2, e Randufe, o CPR Maristas San María e o IES Indalecio Pérez Tizón. O alcalde, Enrique Cabaleiro, dará a benvida ao alumnado e profesorado.
Tras as intervencións de cada centro e a quenda de rogos e preguntas, a concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente, agradecerá as achegas sobre os dereitos da infancia e convidará a sumarse ao grupo de participación infantil e xuvenil de Tui, ParTuicipando. O alcalde Cabaleiro será o encargado de pechar o pleno, que estará aberto ao público.
Precisamente, o grupo ParTuicipando e a concelleira Sonsoles Vicente acudirán este venres ao XIV Foro de Participación Infantil e Adolescente no Parlamento de Galicia, organizado por UNICEF.
Sonsoles Vicente destacou a importancia de escoitar as voces dos nenos e nenas, sinalando que “Eles i elas son o futuro pero tamén o presente e temos que escoitar as súas inquedanzas, as súas propostas e o seu parecer”. Engadiu que Tui segue a traballar para ser recoñecida coma Cidade Amiga da Infancia.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Concello de Tui (17/11/2026)