Presentación do décimo da Lotería Nacional adicado á Catedral de Tui

O acto terá lugar mañá mércores no Espazo Sociocultural e contará coa presenza do alcalde.

17112026 Catedral

Concello de Tui

O Concello de Tui presenta mañá mércores, 18 de novembro, ás 12:00h, o décimo da Lotería Nacional conmemorativo do VIII Centenario da Consagración da Catedral de Tui no Espazo Sociocultural.

O décimo da Lotería Nacional que conmemora o VIII Centenario da Consagración da Catedral de Tui será presentado mañá mércores, 18 de novembro, ás 12:00 horas, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.
O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente, e da delegada comercial de Loterías y Apuestas del Estado en Vigo, Ainhoa de Román.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Concello de Tui (17/11/2026)