A igrexa de San Domingos en Tui será o escenario mañá martes, 29 de setembro, ás 20.00 horas, da conferencia titulada "Vida judía en Galicia: patrimonio y legado". A relatora será a investigadora Wanda Teplitsky.
Este acto pon o broche final ao programa de actividades promovido polo Concello de Tui ao longo deste mes de setembro, co obxectivo de promover o legado xudeu e criptoxudeu na cidade tudense.
A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana Núñez, destacou que a conferencia de Teplitsky achega unha visión xeral da presenza xudía en Galicia, baseada na súa tese de doutoramento. Núñez sinalou o éxito do programa do Setembro Xudeu, que rexistrou unha gran participación nas súas diversas actividades.
Wanda Teplitsky é profesora de hebreo e ciencias xudaicas, socióloga pola UBA, e conta cun Máster en Estudos Medievales Europeos pola USC. A súa tese doutoral, "Legado de la Vida Judía en Galicia", presentouse tamén no International Medieval Congress da Universidad de Leeds e no Simposio Internacional Periferias Sin Centro y Centro Periféricos da UAH. Ademais, en 2023 participou no Programa Incubador de Proyectos do Instituto Europeo de Estudios Judíos Paidea e no Seminario Patrimonio Judío Europeo da Fundación Rothschild e a Universidad de Ámsterdam.




