A iniciativa, en colaboración co Centro Dramático Galego (CDG), permitirá aos asistentes desprazarse ata o Salón Teatro compostelán sen custo algún de transporte. O autobús partirá ás 14:40 h desde a rotonda da Avenida República Arxentina e regresará tras a función, prevista para as 18:00 h, ás 20:00 h.
O prezo da entrada á obra é de 5 euros. As persoas interesadas en participar deben formalizar a súa inscrición antes do 11 de setembro a través da páxina web municipal ou chamando ao teléfono 986 622 001. As prazas son limitadas.
‘A Serie Clopen’, dirixida por Pablo Reboleiro e con dramaturxia de Clara Gayo e o propio Reboleiro, presenta un elenco formado por Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hesse, Raquel Oitavén, Natalia Pajarito, Inés Santos e Guillermo Solo. O espectáculo promete acrobacias, aéreos, comedia, danza e clown, cunha historia cativadora recomendada para todos os públicos e con recursos de accesibilidade como audiodescrición, lingua de signos e subtitulado.
Esta proposta cultural reafirma o compromiso do Concello de Tomiño coa promoción do acceso a experiencias artísticas de calidade e a participación cidadá en actividades profesionais.




