A medida, que entrou en vigor este venres, busca garantir a saúde das persoas usuarias da praia. A prohibición manterase "ata novo aviso", pendente dos resultados dunha contranálise que confirme que a calidade da auga volve cumprir os parámetros permitidos.
A administración local recibiu unha comunicación da Consellería de Sanidade informando de que a última mostra de auga recollida superaba os límites recomendados para o baño. Por este motivo, adoptouse a restrición de forma temporal.
O Concello fai un chamamento á cidadanía para que respecte a prohibición e evite bañarse na zona ata que as autoridades sanitarias dean luz verde ao uso da praia.




