O establecemento, situado na rúa Vigo, 5, abre de luns a venres en horario de 9:00 a 17:00 horas. A visita enmárcase na campaña municipal de promoción de novos negocios e establecementos con nova xerencia.
O proxecto empresarial foi impulsado por Yhonnathan Oliveros Rondón, un emprendedor con máis de 30 anos de experiencia profesional en electrónica e mecánica. Tras traballar varios anos nun taller en Vigo, Oliveros decidiu emprender por conta propia na Guarda, considerando que o municipio ofrecía un bo lugar para o seu desenvolvemento profesional e persoal.
Diagnostika Garage combina a mecánica xeral e os servizos de mantemento coa especialización en electrónica automotriz e diagnose dixital. Utiliza equipos de última xeración para vehículos de diferentes marcas. Un dos seus puntos fortes é a diagnose avanzada e a reprogramación de software, incluíndo solucións como reprogramacións Stage 1 e Stage 2, clonación de unidades de control e intervencións sobre sistemas electrónicos.
O alcalde, Roberto Carrero, destacou a importancia de apoiar e dar visibilidade a novos establecementos, especialmente aqueles que apostan pola especialización e a incorporación de novos servizos. Dende o Concello deséxase a Yhonnathan Oliveros Rondón moito éxito nesta nova etapa.




