O Goberno autonómico destinará máis de 260.000 euros á redacción dos documentos técnicos necesarios para esta actuación, que se desenvolverá totalmente no concello de Tomiño. O orzamento total previsto para a execución desta infraestrutura rolda os 20 millóns de euros.
As empresas interesadas en redactar o proxecto teñen de prazo ata o 7 de setembro para presentar as súas ofertas. O obxectivo da administración é adxudicar este contrato con celeridade para facilitar o inicio das obras de construción no futuro.
Actualmente, a Xunta mantén en execución o treito previo da AG-42, que une o enlace de Areas coa PO-350. Esta obra, que atravesa os municipios de Tui e Tomiño, conta cun investimento de 18 millóns de euros e atópase ao 50% da súa execución, coa previsión de rematar en 2027.
Esta licitación enmárcase nun plan máis amplo de mellora das vías de altas prestacións en Galicia, que inclúe actuacións en infraestruturas como a AG-59, a autovía da Costa da Morte, a estrada Brión-Noia e o treito Nadela-Sarria.




