O concello de A Guarda pon en marcha en setembro unha iniciativa cultural e histórica baixo o título “Franco e o desarrollismo. Aspectos de política educativa”. Esta proposta, organizada polo grupo de investigación “El giro copernicano en la política de educación y ciencia en el desarrollismo franquista: de la subsidiariedad a la intervención estatal” e coordinada por Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, terá lugar entre o 3 e o 18 de setembro.
As actividades se desenvolverán na Casa dos Alonso e na Casa Cultural das Comunidades de Montes de Camposancos. A inauguración está prevista para o xoves 3 de setembro ás 19:00 horas na Casa dos Alonso, coa apertura do ciclo de conferencias e da exposición “Nas orixes. Arte, xénero e matemática na Prehistoria”, comisariada por Francisco A. González Redondo. Esta mostra poderá visitarse de balde ata o 18 de setembro.
A continuación, ás 19:30 horas, o catedrático de Historia da Educación na Universidade Complutense de Madrid, Antonio F. Canales Serrano, impartirá a conferencia “Donde dije digo… La revolución educativa de los años 60”.
O venres 4 de setembro, a Casa dos Alonso acollerá outra conferencia ás 19:30 horas. José Ignacio Cruz Orozco, profesor titular da Universitat de València, presentará “El Patronato para el Fomento de la Igualdad de Oportunidades. Una mirada a la política de la educación del franquismo”.
O ciclo de conferencias clausurarase o 5 de setembro na Casa dos Alonso coa presentación da exposición “As xeneracións da Idade de Prata da cultura española”. Neste marco, Francisco A. González Redondo, profesor titular de Historia da Ciencia na Universidade Complutense de Madrid, ofrecerá a charla “En el 90 aniversario de la guerra civil. 1936-1976. Entre dos Edades de Plata”.
Complementando a programación, a exposición “As xeneracións da Idade de Prata da cultura española” estará aberta ao público do 3 ao 18 de setembro na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos. Esta mostra, comisariada por Francisco A. González Redondo e Begoña Regueiro Salgado, poderá visitarse de luns a venres, de 9:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
O Concello da Guarda anima a veciñanza e a todas as persoas interesadas na historia, educación, ciencia e cultura a participar neste programa, que busca fomentar o coñecemento e a reflexión sobre episodios e protagonistas da historia educativa e cultural contemporánea.




