O Concello do Porto do Son pon en marcha un programa de visitas guiadas gratuítas ao Castro de Baroña, co obxectivo de dar a coñecer a riqueza histórica e patrimonial deste enclave. A iniciativa, que se celebra cada verán e conta cunha alta participación, comezará este sábado 4 de xullo.
As saídas realizaranse todos os sábados, a excepción do 29 de agosto. Partirán ás 11:30 horas desde a oficina de Turismo do Castro de Baroña. Non será necesaria inscrición previa, e as persoas interesadas en obter máis información poderán chamar ao teléfono 881 878 228.
Durante o percorrido, os participantes poderán coñecer a historia deste emblemático xacemento, considerado o máis importante da Idade de Ferro en Galicia. A visita detallará as súas características arquitectónicas, a forma de vida dos seus antigos habitantes e a súa relevancia histórica e patrimonial.




