Durante o sábado e o domingo, os asistentes poderán atopar postos de comercio, artesanía e produtos do campo. A oferta gastronómica complétase nos establecementos hostaleiros da localidade e cunha tradicional polbeira, ademais de xeados artesanais.
A programación festiva inclúe tamén concertos e diversos talleres de artesanía e infantís. Os máis pequenos contan con animación especializada e inchables para o seu entretemento.
“"Na xornada deste domingo haberá un obradoiro infantil para elaboración de xabón artesanal e outro de creación de pedras de calma en cerámica, e actuará D'Crooners."
A Feiriña busca dinamizar a economía local e ofrecer aos veciños e visitantes unha oportunidade para gozar da oferta comercial e cultural de Outes.




