Extinguido o incendio de Lousame; activo outro en Corrubedo

O lume en Lousame afectou 31 hectáreas, mentres que o de Corrubedo xa queimou dúas.

Imaxe xenérica de fume dun incendio forestal con luces de emerxencia.
IA

Imaxe xenérica de fume dun incendio forestal con luces de emerxencia.

O incendio forestal declarado en Lesende, Lousame, foi extinguido este martes ás 18.15 horas, tras catro días activo. Pola súa banda, un novo lume forestal na parroquia de Corrubedo, en Ribeira, iniciouse este martes e permanece activo.

A Consellería de Medio Rural informou da extinción do incendio forestal rexistrado en Lesende, Lousame, que comezou o pasado venres día 14 ás 17.32 horas. Finalmente, afectou a unha superficie de 31,41 hectáreas, a maior parte de monte arbolado. Na súa extinción mobilizáronse numerosos medios, incluíndo técnicos, axentes, brigadas, motobombas, pas, unha unidade técnica de apoio, nove helicópteros e catro avións.
Por outra banda, un incendio forestal na parroquia de Corrubedo, en Ribeira, iniciouse ás 10.40 horas deste martes na zona de O Corgo. Na súa extinción participan efectivos do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal de Ribeira, axentes forestais de Medio Rural, brigadas, motobombas e medios aéreos como helicópteros.
Este lume, que segue activo aínda que se atopa estabilizado dende a unha da tarde, tería arrasado provisionalmente unhas dúas hectáreas.