Esta actividade, que busca achegar alegría e combater o sedentarismo e a soidade, ofrece múltiples beneficios para a terceira idade, combinando exercicio físico e entretemento.
As sesións terán lugar os luns no polideportivo de Santa Irene (Porto do Son) a partir das 17:45 h; os martes na Casa da Cultura de Xuño ás 18:00 h; e os xoves na Casa da Cultura en San Pedro, tamén ás 18:00 h.
As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través da área de Benestar Social do Concello, chamando ao teléfono 981 86 74 14.




