María Lago, a rexedora de Muros, fixo pública a súa vontade de optar á reelección como cabeza de lista do BNG para os comicios locais de 2027. Este anuncio prodúcese despois de que a asemblea local do partido abrise o proceso interno para seleccionar o seu candidato.
Aínda que a decisión definitiva recaerá sobre a militancia, que elixirá a persoa candidata a finais de abril, Lago subliñou o seu compromiso con “un proxecto colectivo útil para a xente e necesario para seguir transformando Muros”.
“"Quero con vós que volvo a dar o paso adiante e optar a ser candidata. Fágoo co corazón cheo e cunha idea moi clara: quero seguir facendo posible o proxecto que o BNG ten para Muros. Un proxecto que non é só unhas siglas, senón unha forma de entender o noso concello, o noso país."
A alcaldesa valorou positivamente o traballo realizado nos últimos anos, destacando o “traballo constante, a aprendizaxe e a consolidación dun proxecto colectivo cada vez máis amplo e ilusionante”.
Segundo Lago, estes anos estiveron marcados por un intenso labor, aprendizaxe e compromiso, construíndo un proxecto no que cada vez se suman máis persoas con ilusión e forza.




