Esta iniciativa enmárcase no Programa de contratación de persoas mozas (procedemento TR350E), apoiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+).
A nova técnica reforzará as funcións do servizo municipal de turismo, incluíndo a atención turística na caseta de información, a guía e acompañamento en rutas, e tarefas de difusión e coordinación.
Os obxectivos principais desta contratación son mellorar a calidade da oferta turística, dar a coñecer e protexer o patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico de Carnota, e impulsar o turismo como motor económico local. Tamén se busca facilitar a primeira experiencia laboral cualificada a unha persoa moza.
Como resultados previstos, o servizo ofrecerá atención turística, un programa de visitas guiadas e rutas, e información turística máis actualizada na web e nas redes sociais.




