O novo edificio contará con 24 vivendas de 1, 2, 3 e 4 dormitorios, todas elas equipadas con garaxe e rocho. Ademais, o inmoble disporá dun fogar adaptado especificamente para persoas con mobilidade reducida.
Estas vivendas foron deseñadas para ser accesibles, luminosas e eficientes enerxeticamente, aproveitando a ventilación natural nas dúas fachadas do edificio.
A distribución do inmoble inclúe na planta baixa dous portais de acceso, un local con 6 prazas de garaxe, 24 rochos, un local veciñal e cuartos de instalacións. Nas plantas primeira, segunda e terceira, haberá cinco vivendas por andar: tres de tres dormitorios e dúas de dous dormitorios. A planta baixo cuberta albergará catro vivendas, unha dun dormitorio, dúas de dous dormitorios, unha de tres e unha de catro dormitorios.




