Tras analizar o contido da ordenanza, os residentes consideran especialmente prexudicial que os vehículos de mobilidade persoal (VMP) poidan circular sen restricións. Segundo a asociación, esta situación contradí a Lei de Tráfico e pon en risco a seguridade viaria. Nas súas alegacións, solicitan que estes vehículos sigan os mesmos itinerarios que o resto do tráfico para garantir unha circulación máis ordenada e segura.
Consideramos especialmente prexudicial que os vehículos de mobilidade persoal poidan circular libremente sen ningunha restrición, o que contradí a Lei de Tráfico e pon en risco a seguridade viaria.
Ademais, a asociación subliña a necesidade de reforzar o control da contaminación acústica dentro da ZBE, facendo fincapé na zona da Catedral. Este espazo, ademais de ser residencial, é emblemático ao confluír alí tres Patrimonios da Humanidade: a Catedral, a Muralla e o Camiño de Santiago, polo que esixen unha protección específica para esta área.
Por outra banda, a Asociación de Veciños do Centro de Lugo trasladou ao Concello as súas propostas para o novo contrato do servizo de autobús urbano. Entre as medidas suxeridas destacan a utilización de vehículos eléctricos e de pequeno tamaño, en liña cos obxectivos da ZBE. Tamén propoñen a creación dunha zona lanzadeira na Ronda da Muralla, que permita aos usuarios realizar transbordos desde os autobuses máis grandes cara a estes máis pequenos e eléctricos, que percorrerían o centro histórico con alta frecuencia.




