O encontro, presidido pola alcaldesa, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio Ameijide, tamén abordou novas fórmulas para mellorar o transporte nocturno no municipio.
O obxectivo principal da creación destas catro licenzas é ampliar a oferta de transporte para persoas con necesidades de mobilidade reducida.
Ademais, o Concello avanza na implantación progresiva do servizo de taxi a demanda nas parroquias rurais de Orbazai, Adai e Meilán, coa meta final de cubrir todo o territorio rural do municipio. Actualmente, este servizo xa funciona en Carballido e Labio.
Durante a reunión tamén se estudaron outras opcións para dar resposta ás necesidades de mobilidade durante a noite.




