O alcalde de Curtis, Javier Caínzos, e a delegada especial de Economía e Facenda, Victoria Fernández, asinaron a cesión deste terreo de titularidade estatal, situado na avenida de Sobrado dos Monxes. A parcela foi solicitada polo Concello ao Ministerio de Facenda co obxectivo de destinala ao almacenamento de recursos para os servizos municipais.
Esta incorporación permitirá ao Concello dispoñer de máis espazo e optimizar a organización dos materiais e a maquinaria empregados no traballo diario, contribuíndo así a atender mellor as necesidades da veciñanza.
“"O alcalde da localidade destacou a importancia desta cesión para seguir mellorando os recursos e as infraestruturas municipais e sinalou que esta incorporación ao patrimonio local demostra “o compromiso da corporación municipal por mellorar a dispoñibilidade da insfraestrutura pública para dar un mellor servizo á veciñanza”."




