A alcaldesa, Elena Candia, destacou o enorme afecto que Mariano Castiñeira espertaba entre a cidadanía lucense e a pegada que deixou. O acto terá lugar no auditorio Fuxan os Ventos.
Representantes de clubs e persoas do ámbito deportivo, que compartiron anos de aprendizaxe e experiencias con el, tamén asistirán á cerimonia. A familia recibirá os símbolos institucionais: o diploma acreditativo será entregado á súa viúva e cada un dos seus tres fillos recibirá unha placa conmemorativa.
A música acompañará o acto coas pezas do cuarteto de clarinetes Díese. O Concello convida a toda a cidadanía a participar neste recoñecemento, unha distinción que acadou un acordo unánime no pleno de xuño deste ano.




