O Goberno galego colaborou coas federacións galega e española para celebrar esta cita na capital lucense. Os representantes autonómicos, o secretario xeral para o Deporte, Roberto García, e o delegado territorial, Alfonso Villares, subliñaron que o evento xera un importante retorno económico e exhibe a capacidade da cidade para acoller competicións de primeiro nivel.
Entre os homenaxeados figurou a catalá Ai Tsunoda, vixente campioa do mundo na súa categoría, elexida mellor judoka feminina, e David García Torné, que compite con licenza galega, recoñecido como mellor judoka masculino. Tamén houbo premios nas disciplinas de jiu-jitsu, aikido, kendo, wushu e defensa persoal.
A cidade recibirá este sábado máis dun milleiro de persoas entre participantes, árbitros e organizadores, aos que hai que sumar acompañantes e afeccionados para os campionatos que se disputan no Pazo dos Deportes.




