Os feitos remóntanse á noite do pasado 19 de abril, cando o deportista comezou a recibir mensaxes intimidatorias a través de redes sociais. Segundo confirmou unha portavoz do corpo, o individuo dirixiulle varios insultos e ameazas explícitas, incluíndo advertencias contra a súa integridade e a intención de prenderlle lume ao seu vehículo.
O xogador decidiu denunciar os feitos, expresando o seu temor pola súa seguridade e a da súa familia. Manifestou que as ameazas o levaron a considerar a posibilidade de trasladar temporalmente á súa familia a outra localidade como medida preventiva.
Os axentes iniciaron unha investigación a partir dos datos proporcionados e das pescudas nas redes sociais, logrando identificar ao suposto autor. O home, residente na provincia de Lugo, foi imputado como presunto responsable dun delito de ameazas.
“"Este tipo de comportamentos, dentro da normativa deportiva, considéranse condutas de odio e violencia vinculados ao deporte."




