As actuacións céntranse na pavimentación de accesos, o hormigonado de vías e o acondicionamento dun camiño agrícola. O obxectivo principal destas intervencións é reforzar a seguridade e facilitar as comunicacións diarias dos veciños nas distintas parroquias do municipio.
Entre os puntos beneficiados atópanse os accesos aos núcleos de Cotá, Lagouzos, Mezcarelle, Santa Marta, O Vento e Pereira. Así mesmo, o plan contempla melloras nos firmes de Xiá, Enxeit, Carballo e Gulduriz de Arriba, ademais do hormigonado dun acceso en Condes e a adecuación dun camiño agrícola entre Prado e Casanova.
Dende a administración local sinalan que o mantemento da extensa rede de camiños e estradas municipais require unha planificación constante. Estas obras forman parte dun esforzo continuado para modernizar as infraestruturas e elevar a calidade dos servizos públicos ofrecidos á cidadanía.




