A Consellería do Medio Rural informou da estabilización do incendio forestal na parroquia de Sirvián, no concello lucense de Guntín, ás 08.13 horas desta mañá. O lume orixinouse ás 16.17 horas de onte.
Segundo as últimas estimacións provisionais, o incendio afecta unha superficie de 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 2 técnicos, 16 axentes, 20 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 3 avións.
A Consellería do Medio Rural recorda á cidadanía a importancia de alertar sobre calquera lume forestal chamando ao número gratuíto 085. Ademais, a Xunta pon a disposición a aplicación móbil ALume para avisar sobre incendios activos e un teléfono anónimo (900 815 085) para denunciar actividades delituosas incendiarias.
Toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta de X @incendios085.




