O tribunal cualificador, nomeado o 22 de setembro de 2026, constituíuse o pasado 13 de novembro e acordou que o primeiro exercicio consistirá nunha proba escrita de resposta a tres temas, un por cada parte do programa, extraídos ao chou. Os candidatos terán un máximo de cento vinte (120) minutos para completar a proba.
Os temas sortearanse inmediatamente antes da celebración do exercicio, nun acto público ao que poderán asistir os candidatos. Tras a proba escrita, realizarase a lectura da mesma por parte dos aspirantes no mesmo lugar, comezando o chamamento pola letra F do primeiro apelido.




