O primeiro dos sismos detectados este sábado tivo lugar durante a madrugada, mentres que o segundo foi rexistrado na tarde do sábado. O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) informou da detección dun pequeno seísmo de 2,3 graos na localidade de Rábade ás 15:31 horas. Ademais, detectouse outro movemento de 1,5 graos na Bandeira, no termo municipal pontevedrés de Silleda, ás 5:19 horas da madrugada.
Estes movementos sísmicos son de magnitude moi baixa e, segundo as fontes, son practicamente imperceptibles para as persoas, sendo detectables unicamente por equipos sismolóxicos sensibles.
Non é a primeira vez que se rexistran movementos desta índole na zona, xa que na madrugada do venres, sobre as catro e media, houbo outro microsismo de magnitude moi baixa (1,6) tamén en Rábade.




