A iniciativa contará con 20 casetas de madeira destinadas á venda de produtos artesáns, artigos de Nadal e propostas de hostalaría local. A participación será gratuíta e as persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o 30 de novembro.
A asignación das casetas realizarase mediante sorteo público o 1 de decembro, ás 12:00 horas.
Con esta convocatoria, o Concello busca facilitar a participación do comercio artesán e da hostalaría local nun espazo de encontro e actividade durante as festas do Nadal.
As bases e a solicitude están dispoñibles para consulta.




