A Xunta valora o emprendemento feminino na Fonsagrada

A directora xeral de Traballo Autónomo participou nunha xornada para impulsar iniciativas lideradas por mulleres no rural.

A Xunta valora o emprendemento feminino na Fonsagrada

Xunta de Galicia · 2026-11-17

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou na Fonsagrada nunha xornada para impulsar o emprendemento feminino e o desenvolvemento rural.

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta mañá na Fonsagrada (Lugo) nunha xornada de continuidade do Laboratorio Amas da Terra & Polos de emprendemento. O obxectivo foi poñer en común ideas, iniciativas e proxectos liderados por mulleres a través de dinámicas participativas e grupos de traballo.
Marta Vázquez Guzmán considerou fundamentais accións coma esta para apostar polo desenvolvemento das contornas rurais, en beneficio tanto do crecemento económico como da cidadanía. Neste sentido, destacou o asesoramento gratuíto e personalizado que ofrece o Polo de emprendemento da Fonsagrada e os outros 14 distribuídos por Galicia, cinco deles na provincia de Lugo: Mondoñedo, Friol, Sarria e Monforte de Lemos.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (17/11/2026)