Carolina Darias, quen asumiu o cargo de ministra de Sanidade a principios de 2021 tras Salvador Illa e previamente foi ministra de Política Territorial, foi recibida este xoves na casa consistorial polo seu homólogo lucense, Miguel Fernández. Durante o encontro, a rexedora canaria tivo a oportunidade de asinar no Libro de Ouro do Concello, formalizando así a súa visita.
“"A gran labor que está realizando o goberno municipal e o seu alcalde para seguir mellorando a vida dos habitantes de Lugo."
Esta foi a segunda visita institucional de Darias á cidade, despois da que realizou en 2022 como ministra de Sanidade. A rexedora canaria expresou o seu interese por coñecer de primeira man os progresos da capital lucense, especialmente no que respecta á xestión do ciclo da auga, manifestando o seu "agarimo" e "admiración" pola labor realizada.
Pola súa banda, Miguel Fernández agradeceu a visita da súa homóloga canaria e subliñou a importancia de fortalecer a colaboración entre as administracións locais. O alcalde de Lugo considera que este tipo de encontros "permiten o coñecemento e seguir avanzando en políticas públicas que melloren a calidade de vida da cidadanía", destacando o valor do intercambio institucional para "seguir tecendo alianzas e compartindo experiencias entre cidades".
Ademais dos eloxios mutuos, Miguel Fernández e Carolina Darias intercambiaron agasallos institucionais entre ambas as cidades, un xesto que, segundo ambos, reforza os lazos de cooperación entre Lugo e Las Palmas de Gran Canaria. A visita de Darias incluíu tamén un percorrido por infraestruturas hidráulicas do Concello de Lugo o mércores, acompañada por Miguel Fernández e membros do consello de administración de Emalsa, a empresa mixta de auga de Las Palmas de Gran Canaria. A rexedora canaria participou ademais no congreso que a compañía Gestagua, parte de Emalsa, celebrou esta semana na capital lucense.




