A sala, dirixida por Alba López e única representante da provincia de Lugo no colectivo, presenta ata o 11 de novembro a mostra “Sustrato Habitual” do artista Román Corbato. A exposición explora o paso do tempo e o impacto da intervención humana no territorio a través de materiais recuperados e elementos da paisaxe.
O delegado Villares subliñou a colaboración da Xunta coas galerías de arte para fomentar a actividade expositiva e o acceso á cultura, promovendo o talento dos artistas galegos. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achega este ano á asociación 70.000 euros mediante un convenio que inclúe seis exposicións na sala lucense.
Ademais, a consellería distribuíu 132.000 euros entre 13 galerías de Galicia para facilitar a súa participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade. A galería Néboa tamén se beneficiou desta convocatoria para asistir a Arco Lisboa e Investec-Cape Town na Cidade do Cabo.




