O Concello de Castroverde formalizou un acordo de colaboración co club Castroverde Fútbol Sala co obxectivo de promover a práctica deportiva entre os nenos e nenas do municipio.
Esta iniciativa materialízase a través dunha subvención nominativa de 3.000 euros, que o Concello achega á entidade deportiva. Estes fondos deberán ser empregados de forma exclusiva en actuacións que beneficien directamente aos menores e ás súas familias.
A axuda económica busca aliviar os custos que as familias afrontan durante a tempada deportiva, así como posibilitar a incorporación de novas prestacións, recursos ou a mellora do equipamento e outros servizos relacionados coa actividade.
Con esta colaboración, a administración local reitera o seu compromiso co deporte de base, fomentando hábitos de vida saudables e facilitando o acceso dos máis novos a esta disciplina deportiva.
O Concello de Castroverde subliña o seu labor continuo no apoio ao deporte local e ás familias da localidade.




