A xuntanza institucional, a primeira entre ambos os mandatarios, centrouse en propostas para optimizar as infraestruturas e os servizos municipais. Entre os temas abordados destacaron as actuacións relacionadas co saneamento, o abastecemento de auga e outros servizos esenciais que impactan directamente na calidade de vida dos residentes.
“"A Deputación ten que estar ao lado dos concellos, escoitando as súas necesidades e acompañando aqueles investimentos que melloran os servizos públicos e a vida diaria da xente."
Nos últimos once anos, a institución provincial destinou preto de 20 millóns de euros en investimentos para Muxía. Aproximadamente a metade desta cantidade, uns 9,7 millóns de euros, correspondeu ao Plan Único, que posibilitou a execución de 62 obras no municipio.
Para o presente exercicio, Muxía ten aprobado un investimento de 1.668.293 euros a través do POS+2026, o que permitirá ao Concello continuar impulsando novas melloras en infraestruturas e servizos municipais.




