A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada. A futura infraestrutura hidráulica, que substituirá á actual, foi deseñada para dar servizo a unha poboación estimada de 16.352 habitantes.
O informe de impacto ambiental (IIA), emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, conclúe que non son previsibles efectos adversos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes establecidos. A nova estación depuradora construiranse na parroquia de Brens, ao sueste do núcleo urbano, entre a antiga estación e as instalacións industriais do porto.
O informe foi elaborado no marco dun procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada. A documentación presentada por Augas de Galicia, que actúa como órgano promotor, foi sometida a participación pública sen recibir alegacións e consultáronse 14 organismos públicos. Estes organismos estableiron condicións nos seus informes que se engaden ao programa de vixilancia ambiental.
Os órganos consultados consideran viable o proxecto sempre que se cumpran condicionantes relacionados coa protección da atmosfera, da poboación e saúde, da auga, do solo, da xestión de residuos e do patrimonio natural. A resolución non exime ao promotor de obter todas as autorizacións e licenzas necesarias.




